O anxo de Eva "A mestría de Marina Mayoral " Vexo nesta densa, ben tra-ballada e mellor artellada novela de Marina Mayoral unha especial capacidade para salientar o que poderiamos chamar o carácter ilusorio da realidade, como esta pode pasar da realidade inmediata aos eidos da ilusión, e á inversa. Téñense sinalado dous exemplos para-digmárticos ao respecto: a bacía do barbeiro convertido por D. Quixote en elmo de Mambrino e a dualidade Coroa de Espiñas-Camisa de dormir da meretriz de A Reliquia. Non sei se a novela de Marina pode terse como parte desa tra-dición ibérica. Pero si, para min, que é un exemplo de eficacia expresiva a súa rara mestría para presentarnos un personaxe como Eva, o principal da novela, nun permanente estar fóra da reali-dade (ou mellor sería dicir, que está construíndo permanente-mente a súa realidade de soños e fantasías) e logo, ese mesmo persoaxe, se comporte na vida real como calquera outro dos máis «realistas» (conversas de Eva coa súa avoa, por exemplo). E a naturalidade —como na da vida mesma— con que coexisten uns e outros personaxes Ao meu ver, é moi sinalado mérito manexar con tanta mes-tría planos ou realidades tan distintas que poderían semellar contradictorias. Pero non o son: cada un dos peersonaxes máis «realista» tivo tamén as súas fan-tasías, e aínda tolerías, que tamén nos suxiren por outros camiños o carácter ilusorio da realidade. Despois de todo, os soños son tamén unha realidade como outra calquera. Sen dúbida que os lectores de Marina Mayoral van agradecer esta nova novela, a súa prosa clara e suxerente, o seu sostido ritmo narrativo, a súa ben admi-nistrada ambigüidade, unhas das súas obras de máis «tirón», que dende o inicio máis se apodera do lector. Unha experiencia que se agradece.
|