Leer citas de Marina
Mayoral
Tristes armas

-
"Marina Mayoral viaxa ó 36 "
La voz de Galicia
2 marzo, 1995
A pluma de Marina Mayoral tralla nos últimos meses a fume de carozo. Recén publicada en castelán Recóndita Armonía, presenta agora Tristes armas, unha romántica viaxe ós días convulsos da Guerra Civil española. Cun desenrolo narrativo próximo ó folletín – no senso máis nobre do termo - , Mayoral conta de xeito áxil a historia duns «nenos da guerra», separados dos sus pais e levados a Rusia. Pero a fin de contas, a escritora mindoniense apáñase para converter o amor no fío do conto. «No fondo é unha historia de amor, como tódalas miñas. Cando se rachan os vínculas da terra só queda o amor».
Mayoral, que vive en Madrid dende hai 19 anos, emprega un galego sínxelo: «Góstame o galego da rúa. A linguaxe do libro non é moi literario é o ritmo relato». A escritora conta que xamais dubida á hora de escribir en galego ou en castelán: «E algo misterioso. Algunhas historias síntoas en galego e non podo contalas noutra lingua».
|