Leer citas de Marina
Mayoral
Casi perfecto
"Narrativa esencial - Nas escuras estancias
de ánima"
Armando Requeixo - Faro de Vigo
13 septiembre, 2007
A de Marina Mayoral é unha narrativa de calidade contrastada
que, malia o que poida parecer, foi sempre a contracorrente. Explícome:
unha escrita como a súa, alicerzada na prospección psicolóxica
dos personaxes, nas fias de entrambilicado entretecido, sentimental,
decote enleado no drama da relación interpersóal, nas
tan humanas e recoñecibles traxedias cotiás de seres que
aman, dubidan, sofren e rifan nunha xungla social que acantoa, limita,
aguilloa, condiciona e desarma ao cidadán medio, á señora
ou señor de a pé, aparentemente intranscendente e, porén,
paisanaxe de nós, unha narrativa desta indole non está
de moda, pola simple razón de que unha narrativa intemporal. Así, cando a fins dos oitenta e primeiros noventa a mindoniense
comezaba a dar á luz as súas primeiras obras en galego,
por aquí andabamos ocupados en aterraplenar os baleiros subxenéricos
(narrativa de aventuras, terror, ciencia-ficción...)e, anos despois,
empezounos a preocupar a narrativa urbana e experimental, con aires
de realismo sucio, postmodernismos varios, bravús es neotremendismos
de pasotismo marxinal estético da xeración da desmemoria.
Velaí o atractivo da prosa da autora, liberada das trampas,
do comercial, anos luz dos fashion victims literarios que inzan por
algúns catálogos editoriais. A Mayoral interésalle
contar unha historia e defrontarnos cos volcáns interiores dos
seus personaxes. E o seu un relatar dérmico, que procura mennos
os siloxismos da fría lóxica que as razóns do corazón.
Importa a pel, o agerrido das sensacións, a pavura incontrolable,
o aceiro do rancor, a anguria do inexplicable, o melancólico
pozo da ausencia. Non gasta salvas en describir o músculo, o
seu non son os fotogramas de road movie trapidantes, nin os caóticos
flashes underground arrabladeiro urbanita. Debuxa cos trazos minimos,
como o bo pintor, que non necesita tronzar os lenzos para facelos pasar
por modernos, nin camelarnos con videoinstalaciones ridículas.
Comparece o que ten de comparecer: uns personaxes, unhas relacións
complexas entre eles, un drama inesperado, un final incerto. E tensando
esta tenza central van cruzando outras cordaxes ben-coñecidas
na traxectoria da escritora: o amor como mandorla xerminal, dadora de
sentido universal; a autorreferencialidade e o xogo metaliterario que
balizan a singradura a seguir; Os espazos simbólicos, a concepción
macrotextual do cosmos creado; a arquitectura epistolar, dicir directo
e secasí habelenciosamente ganduxado.
O desafio aquí non reside senón en ir abrindo as portas
das estancias escuras da ánima, explicar os estraños mecanismos,
os ocultos resortes que nos arrastran aos limites de nós mesmos.
Saber de onde nace a desafección, que valor ten unha existencia
entregada aos outros, por que por veces os amores -fraternos, maternais,
amigables, sensuais- baten entre si e estouran como galaxias interiores
que nos obrigan a reordenar as nosas vidas.
O argumento, a trama contidista é o de menos. Podía ser
outra tanto como a que é, aínda que a escolla, xaora,
non é aleatoria e serve ao propósito firme da autora:
mergullarnos nun inquirir clásico sobre das relacións
imitativas entre a arte e a realidade, teatro do existir, pa1abras coas
que se conciben mundos nos que tamén se viven as nosas vidas.
E, de por parte, facernos asomar ao moi complexo limbo do interactuar
humano, ás re1acions familiares e de parella, ollaas cunha lupa
de aumento, microscopio de debilidades, erros (in)comprensibles e fidelidades
eternas.
Case perfecto de Marina Mayoral ancora no esencial. Lonxe de accidentes
aristotélicos, unha obra substantiva, novelar que permanece.
|